Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2020

COMEZA A CONTA ATRÁS!

Imaxe
UN ANO MÁIS VOLVEMOS DE NOVO, AVENTUREIROS E AVENTUREIRAS! Quince días para que o Campamento Candilexas reciba de novo a unha morea de rapaces e rapazas coas súas mochilas cargadas de soños e ilusións. Setenta nenos e nenas de 10 a 12 anos farán deste lugar un espazo máxico onde convivir, crecer, desfrutar e aprender xogando. Candilexas é a porta a un mundo artístico por descubrir, todas esas disciplinas que moitas veces quedan tan esquecidas no ámbito da educación formal e que resultan un eixo fundamental para o desenvolvemento integral dos/as   rapaces/as. Teatro, expresión corporal, caracterización, danzad, circo, maxia, tiro con arco, acrosport, percusión... máis de vinte actividades diferentes onde expresar, explorar, intuír, crear, construír, compartir e sobre todo coleccionar lembranzas, novas amizades e novas experiencias no marco dunha contorna natural especial, o Campamento Xuvenil de Espiñeira, en Boiro. O equipo técnico (formado por dezasete monitores/as, un...