COMEZA A CONTA ATRÁS!

UN ANO MÁIS VOLVEMOS DE NOVO, AVENTUREIROS E AVENTUREIRAS!

Quince días para que o Campamento Candilexas reciba de novo a unha morea de rapaces e rapazas coas súas mochilas cargadas de soños e ilusións.

Setenta nenos e nenas de 10 a 12 anos farán deste lugar un espazo máxico onde convivir, crecer, desfrutar e aprender xogando.

Candilexas é a porta a un mundo artístico por descubrir, todas esas disciplinas que moitas veces quedan tan esquecidas no ámbito da educación formal e que resultan un eixo fundamental para o desenvolvemento integral dos/as  rapaces/as. Teatro, expresión corporal, caracterización, danzad, circo, maxia, tiro con arco, acrosport, percusión... máis de vinte actividades diferentes onde expresar, explorar, intuír, crear, construír, compartir e sobre todo coleccionar lembranzas, novas amizades e novas experiencias no marco dunha contorna natural especial, o Campamento Xuvenil de Espiñeira, en Boiro.

O equipo técnico (formado por dezasete monitores/as, un enfermeiro, un coordinador e unha directora de ocio e tempo libre) faremos uso da nosa formación, responsabilidade e creatividade para reinventarnos e crear un espazo onde se cumpran todas as medidas hixiénico-sanitarias que nos permitan desenvolver tódalas actividades con total seguridade nesta campaña de verán atípica pero igual de fascinante.

NÓS XA ESTAMOS PREPARAD@S, ULTIMANDO DETALLES, QUERES SABER O QUE NOS AGARDA ESTE VERÁN? POIS... QUÉDATE A DESCUBRILO!


 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!