CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!
IMPORTANTE: LEMBRADE CHAMAR AO MÓBIL DO CAMPAMENTO FORA DO HORARIO DE CHAMADAS ESTIPULADO PARA CONCRETAR HORA DE RECOLLIDA (722 452 268) OU ESCRIBIDE UN CORREO A candilexas2020@gmail.com CO NOME DX ACAMPADX E HORA DESEXADA ENTRE AS 16:00 E AS 18:00 E ESPERADE CONFIRMACIÓN.
LEMBRADE TAMÉN QUE SOAMENTE PODERÁ RECOLLER Á PERSOA ACAMPADA AQUELA QUE FIXERA A INSCRIPCIÓN NO CAMPAMENTO, DE NON SER ASÍ PRECISARASE AUTORIZACIÓN E FOTOCOPIA DO DNI DA PERSOA AUTORIZADA. TEDES ADEMÁIS QUE TRAER TODXS A FOLLA CUBERTA DE "ABANDONO DA ACTIVIDADE" QUE SE REPARTÍU O DÍA DA RECEPCIÓN. GRACIAS.
#DÍA6DE10
#QUENDA3
A choiva segue sen
darnos tregua en Boiro, pero nós seguimos a diante contra vento e marea coas
nosas actividades, dinámicas e xogos demostrando a nosa capacidade de
adaptación e as nosas ganas de estar aquí a pesar de todas as trabas que o tempo
nos está a poñer.
Onte, 17 de agosto
de 2020, pola mañá seguimos coas rotacións de PERCUSIÓN R2 onde cantamos
ao son da guitarra e aprendemos a tocar ritmos máis complexos empregando cubos
e baquetas, polo que puidemos apreciar somos unhxs campistas ben rockeirxs.
Tamén tivemos a
rota de TEATRO R2, adentrándonos no mundo da improvisación con xogos e
dinámicas moi divertidas, poñendo en marcha a nosa imaxinación e creando historias
do máis disparatas. Aínda nos botamos unhas risas!
Pola tarde, chegaron uns científicos
representantes internacionais da Administración Nacional da Aeronáutica e do
Espacio (NASA), visitaronnos para realizar probas e experimentos
espaciais.
Os nosos acampados e acampadas deberon usar todo o seu inxenio para fabricar un paracaídas que protexera aos nosos conexiños de indias: unhos seres misteriosos capturados no espacio exterior: ovos de pita espacial. Con un material limitado e delicado tiveron 30 minutos para construir de cero un soporte que evitara que o ovo de pita espacial rompera ao ser precipitado contra o chan dende certa altura. Aquel equipo que conseguira crear algo tan resistente e o seu ovo sobrevivira podería escoller a un monitor e estamparlle o ovo na cabeza, a motivación no podía ser maior!!!
Unha vez superada a misión
que nos puxeron estes científicos, participamos no GRAN XOGO DA OCA, con
un taboleiro e un dado xigantes tiñamos como obxectivo chegar ao final do
taboleiro pero para iso, cada vez que caíamos nunha casilla tiñamos unha proba
que resolver, saltamo de oca a oca e pasámolo en grande.
Pola noite, o
Campamento Xuvenil de Espiñeira convertíuse no Campamento de Maxia e Feiticería
CANDILEXAS e tivemos que axudar a Harry Potter a derrotar
a Voldemort na Batalla Final da Segunda Guerra
Máxica, contamos coa axuda dunha morea de profesores/as e alumnos/as de
Hogwarts que nos ensinaron feitizos para a gran batalla aínda que tamén tiñamos
a desvantaxe de que os dementores e a terrorífica Bellatrix Lestrange merodeaban
pola zona.
NOTA: AS FOTOGRAFÍAS CORRESPONDENTES AO DÍA DE ONTE XA ESTÁN SUBIDAS AO DRIVE.
Comentarios
Publicar un comentario