ACRÓBATAS, MAGOS, MALABARISTAS, TRAPECISTAS E ILUSIONISTAS!
O 16 de Xullo, segundo día de campamento, amencimos cedo
e almorzamos con moitas ganas para afrontar un día largo e do máis entretido.
Empezamos a mañá cun ACTÍVA-T, unha rutina de bailes e
coreografías que realizaremos tódolos días ás 9:30 coa intención de espertarnos
e quencer un pouco o corpo para poder realizar as diferentes actividades.
Durante toda a mañá e a tarde, os
diferentes grupos de ACRÓBATAS, TRAPECISTAS, MAGOS, MALABARISTAS
E ILUSIONISTAS realizaron algunhas das actividades máis especiais
do campamento.
En teatro, decatámonos que temos unha morea de xoves teatreiros ao ver o ben que funcionaron as diferentes dinámicas de improvisación, desinhibición e expresión corporal. En circo, realizamos un obradoiro onde descubrimos como facer os nosos propios malabares con globos e arroz e practicamos ata converternos en magníficos malabaristas.
En caracterización aprendemos ás técnicas básicas de facepainting e
realizamos maquillaxes de xeito individual (con materiais individuais para cada
un/unha) seguindo algún modelo establecido ou deixando voar a nosa imaxinación.
Todos os coñecementos adquiridos nesta asctividade poñerémolos en práctica
cando realicemos as nosas propias representacións teatrais.
En Láser Tag, despois de
invadir o Campamento os Piratas do Caribe, enfrontámonos nunha loita do máis cibernética
con pistolas láser na procura da bandeira do contrincante.
En Tiro con Arco, a monitora,
federada nesta disciplina, explicounos a importancia de cumprir coas medidas de
seguridade para a manipulación dos arcos e unha vez todas as persoas participantes as coñecíamos practicamos
en diferentes dianas e case se pode dicir que xa somos arqueiros especialistas!
Pola noite, Candilexas convertíuse
nun gran e coñecido musical, a opera Gardnier de París chegou ao campamento
con todo o equipo de artistas, pero de súpeto unha das cantantes, Christine
Daaé foi raptada pola PANTASMA DA ÓPERA, xs acampdxs deberían axudar ao
resto de integrantes da ópera a atopar á súa máis preciada cantante, deberíana atopar e superar diferentes probas ata conseguir o mapa das catacumbas onde
se agocha a pantasma para así liberar á cantante.
Comentarios
Publicar un comentario