CANDILEXAS ÉNCHESE DE CORES!

21 DE XULLO DE 2020.  A tan so 3 días de rematar o campa, as emocións afloran e o sentimentos de botar de menos a casa entremezclase co de non querer deixar atrás todo o vivido nestes días.

Pola mañá estivemos a realizar diversas actividades novas, como ARTE NATURA, onde a través da técnica do collage realizamos diferentes obras poñendo en marcha a nosa creatividade e empregando elementos naturais aproveitando esta contorna tan especial na que estamos a vivir. Ademáis comezamos cunha das últimas disciplinas que imos aprender ao longo do campamento e que require de certas destrezas: ACROSPORT. Despois de algún que outro intento conseguimos realizar figuras complexas e moi divertidas poñendo a proba o noso equilibro. Outros grupos continuaron coas rotas de PERCUSIÓN, BODY COMBAT E TEATRO.

Despois da merenda, aproveitando que o sol non nos da tregua, participamos na festa máis esperado do campamento: A FESTA HOLI E A FESTA DA ESPUMA! Mollámonos, enchémonos de cores e buceamos entre espuma... pasámolo pipa!



Pola noite, o Campamento Xuvenil de Espiñeira convertíuse no Colexio de Maxia e Feitizería CANDILEXAS e tivemos que axudar a Harry Potter a atopar os horrocruxes para derrotar a Voldemort na Batalla Final da Segunda Guerra Máxica, contamos coa axuda dunha morea de profesores/as e alumnos/as de Hogwarts que nos ensinaron feitizos para a gran batalla aínda que tamén tiñamos a desvantaxe de que os dementores e a terrorífica Bellatrix Lestrange merodeaban pola zona.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!