CHEGAMOS AO ECUADOR DO CAMPAMENTO!
O
19 de xullo de 2020, día 5 de campamento, domingo, chegamos ao ecuador do campamento. Os nenos e as
nenas xa estableceron vínculos entre eles, pouco a pouco crecen novas amizades
en Candilexas que van reforzando ese sentimento de pertenza a un grupo e
favorencendo o transcurso do campamento.
O
domingo desfrutamos dun intenso día de actividades, continuando coas xa
coñecidas rotacións de BODY COMBAT, CIRCO R2, PERCUSIÓN, TIRO CON ARCO E
MAXIA.
O
tempo estase a portar realmente ben con nós, o sol está presente durante todo o
día o que fai que as actividades transcorran dun xeito agradable, realízanse en
espazos con sombra, pero de non ser así non quitamos a pucha de enriba, nos
tempos libres o mediodía podemos empregar tamén a cama elástica e o slackline
para seguir practicando con oso equilibro.
O
buzón do campamento xa cada vez está máis cheo de correspondencia e xs nenxs emprégano
para retar aos compañeirxs, mandar cartas a rapaces e rapazas do outro grupo, e
para qué enganarnos, tamén algunha que outra mensaxe de amor.
Pola
noite, aconteceu o ASALTO EN CANDILEXAS, o alcade de e o seu secretario,
o incompetente e desorganizado Paulino, acudeiron ao campamento para informarnos
de que acaban de recicbir unha subvención da Consellería de Cultura para axudar
a remontar o esplendor dos circos da
cidade de Candilexas. No entanto Paulino, que é moi rácano quería parte dos
cartos para él e decidiu organizar unha batalla campal, ao final como todos o
fixeron tan ben, Paulino apiadase de eles e decide repartir os cartos entre
tódolos circos para que Candilexas volva ser unha cidade próspera e colaborativa.
Gracias por toda la información que nos dáis!!!
ResponderEliminar