COMEZAMOS DE NOVO! BENVIDXS Á SEGUNDA QUENDA!
IMPORTANTE: MAÑÁ, 31 DE XULLO DE 2020, ESTÁ PROGRAMADA A EXCURSIÓN
E SAÍDA A PRAIA DE BOIRO (REALIZARASE DE XEITO ESCALONADO E EN PEQUENOS
GRUPOS PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS) NON HABERÁ MÓBILES NIN CHAMADAS.
DESCULPEN AS MOLESTIAS.
#DÍA1DE10 #QUENDA2
O mércores 29 de
xullo daba comezo a segunda quenda no Campamento Candilexas. Como xa
sabemos, está a ser unha campaña de verán atípica e por iso, moitos nenxs foron
reubicados no Campamento Xuvenil de Espiñeira tras verse cancelados os campas
noutra instalación.
En Boiro abrimos as
portas a 46 rapaces e rapazas que chegaron coas pilas cargadas para pasar 10
días que quedarán para sempre no seu recordo.
A recepción
alongouse dende as 9 da maña ata ben entrada a tarde, pero tódolxs nenxs que
foron chegan foron ubicados nas súas tendas co seu compañeirx e asignóuselles
un grupo de pertenza: ACRÓBATAS, MAGOS, MALABARISTAS, TRAPECISTAS OU
ILUSIONISTAS. Estes grupos están formado por 9/10 rapaces e rapazas que
realizaran sempre as actividades xuntxs, segundo o protocolo ante a alerta
sanitaria pola COVID-19 e coa intención principal de minimizar o risco. Porén,
o sentimento de pertenza a un gran grupo máis numeroso está sempre presente,
fomentado polos cánticos grupais nas horas das comidas e por diversas
actividades nas que de xeito seguro e mantendo as distancias podemos estar todxs
máis preto ou realizando xogos de xeito simultáneo no mesmo espazo como as
veladas ou a dinámica do BUZÓN do campamento, un lugar onde poder deixar
cartas e notas a calquera participante de Candilexas sempre dende un ton respectuoso
e amigable que son lidas polxs monitorxs en público e que, en ocasións, dan
lugar a moitos “salseos”, así lle chaman xs acampadxs a calquera cotilleo que
se xenere en torno a eles/as ou aos
monitorxs.
Na chegada dos
participantes, ao longo da mañá realizamos un obradoiro para elaborar a nosa
propia funda personalizada para gardar a máscara naqueles momentos que non a
empreguemos e asegurar deste xeito unha maior hixiene. Fumos coñecendo aos nosxs
monitorxs de referencia de grupo, aos demáis monis e aos nosxs compañeirxs.
Pola tarde despois
do tempo libre, desfrutando de algunha que outra partida ao parchís, ás cartas xogos
deportivos e tempo de “cháchara” realizamos un gran xogo de presentación.
Trala merenda,
coñecemos as normas do campamento que farán que ao transcurso dos días aconteza
dun xeito seguro e respectuoso, tamén falamos das actividades que imos facer ao longo destos
10 días (acrosport, arte natura, láser tag, tiro con arco, teatro, circo,
maxia, percusión, caracterización, body combat, festa holi e festa da
espuma...)
Pola noite, tivemos
que realizar un rastrexo pola instalación coa intención de atopar a unha morea
de monis que sufriron unha intoxicación alimenticia que trouxo consigo extraños
comportamentos e causoulles a pérdida da memoria. Xs acampadxs tiveron que
axudarnos atopar a súa localización, descubrir que lles pasaba e descifrar o
xeito de curalos para que o campa puidera seguir adiante.
Unha vez solventado
o misterio dxs monitorxs e rematada a velada da CAZA AO MONITXR, fixemos unha
breve relaxación como volta a calma e regresamos ás tendas onde puidemos desfrutar
dun tempo cxs nosxs monis de tenda para solventar dúbidas, compartir inquietudes
e falar do transcurso do día antes de pechar os ollos e descansar nesta paraxe
tan especial en plena natureza.
NOTA: XA TEDES DISPOÑIBLES AS FOTOGRAFÍAS DO DÍA DE ONTE NO ENLACE AO DRIVE QUE SE VOS FACILITOU NA CARTA INFORMATIVA.
CALQUERA DÚBIDA OU PROBLEMA, PODEDES ESCRIBIRNOS AO CORREO candilexas2020@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario