DESPERTAR EN CANDILEXAS

#DÍA2DE10 #QUENDA2

Onte, 30 de xulio de 2020, foi o noso primeiro día completo no campa. O sol saíu tímidamente en Candilexas, dando unha tregua aos calurosos días aos que estabamos acostumados. As 8:30 da mañá comezou a resoar a música na campa e os primeiros acampadxs asomaron as cabezas entre as tendas dispostxs a comezar o día a tope de enerxía.

Almorzamos como campións/as (leite, zumo, tostas con marmelada, magdalenas e ata bolos recheos de cacao). Cando xa tiñamos as pilas cargadas ao 200% reunímonos nas pistas polideportivas para realizar o ACTÍVA-T, unha dinámica diaria de exercicio físico a través de bailes e coreografías dinámicas que nos serve para, como di o nome, activarnos pola mañá ben cedo e poder así afrontar o resto do día.

Comezamos coas actividades rotativas, desfrutando desta primeira rotación de TEATRO, CARACTERIZACIÓN, LÁSER TAG, CIRCO e TIRO CON ARCO.

En TEATRO fixemos unha achega ao mundo da improvisación e dramatización, realizando pequenos e sinxelos xogos e dinámicas de desinhibición para perder a vergoña e romper o xeo, non sei a vergoña a perdemos pero as risas estiveron aseguradas.


En CARACTERIZACIÓN experimentamos con diferentes técnicas de maquillaxe individual, desde pequenas e grandes tatuaxes polo corpo ata deseños máis complexos no rostro. Enzoufámonos, sí. Pero tamén enchemos de cores as caras e corpos de tódolxs campistas.


Outra das rotas, foi invadida por unha tripulación futurística pertencente á flota do mesmísimo Capitán Jack Sparrow, e sen decatarnos vímonos envoltos nunha batalla entre piratas do Caribe por atrapar a bandeira do contrincante coa axuda das nosas magníficas pistolas de LÁSER TAG.


Na primeira rotación de CIRCO fixemos un obradoiro de malabares. Con tan so globos e arroz elaboramos as nosas propias bolas coas que despois practicamos ata conseguir converternos en auténticos malabaristas dignos de calquera espectáculo circense.  


Por último, en TIRO CON ARCO, aprendemos as regras e normas básicas para manipular o arco con total seguridade e cando xa tiñamos clara a teoría puxémonos mans a obra, ao principio semellaba complexo pero despois as frechas ían parar ao centro da diana con máis facilidade da que xamais houbésemos pensado.

Pola noite, Candilexas convertíuse nun gran e coñecido musical, a opera Gardnier de París chegou ao campamento con todo o equipo de artistas, pero de súpeto unha das cantantes, Christine Daaé foi raptada pola PANTASMA DA ÓPERA, xs acampdxs deberían axudar ao resto de integrantes da ópera a atopar á súa máis preciada cantante, deberíana atopar e superar diferentes probas ata conseguir o mapa das catacumbas onde se agocha a pantasma para así liberar á cantante.

ANIMAMOS ÁS NAIS/PAIS/TITORXS E DEMÁIS FAMILIARES E AMIGXS A COMENTARNOS NO BLOG AS VOSAS IMPRESIÓNS E MENSAXES, SERÁN TRANSMITIDAS AO EQUIPO TÉCNICO E ACAMPADXS, QUE DE SEGURO LLES FAI MOITA ILUSIÓN SABER QUE TEÑEN XA OS SEUS FIEIS SEGUIDORES 😊

NOTA: XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS FOTOS DO DÍA 2 DE CAMPAMENTO NO DRIVE PRIVADO, ACCEDENDO CO ENLACE QUE SE PROPORCIONOU NA CARTA INFORMATIVA.


Comentarios

  1. Todo suena increíble. ¡Amo el fantasma de la ópera! ¿Tengo problemas para abrir la carpeta de fotos? Cualquier consejo del equipo técnico. ¿Es mejor en un ordenador que en un teléfono?

    ResponderEliminar
  2. Boas tardes, escríbenos un correo a candilexas2020@gmail.com e mandamosche o enlace para que soamente teñas que facer click. De tódolos xeitos, proba a revisar se escribes correctamente a dirección tal e como aparece na carte informativa, incluido o "https://"

    ResponderEliminar
  3. Cando un campamento así para os pais e nais?😆

    ResponderEliminar
  4. Gracias por todo gema está encantada, como dice ella sois la bomba

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!