DÍA DE PRAIA E CAPITÁN PLANETA!
Onte o sol saíu en Candilexas e espertamos coas tan coñecidas cancións do Xabarín que aínda que moitxs non as escoitaran nunca serviron para conectar dúas xeracións tan distintas como ás dxs acampadxs e monitorxs. Case non durmimos coa ilusión porque sabíamos que íamos ter un longo e divertido día por diante.
Pola maña cedo, almorzamos como auténticos campións e campionas, cargamos as nosas mochilas de augas ben fresquiñas, embadurnámonos de protección solar, enfundamos as puchas, puxemos os chalecos reflectantes, aseguramonos de levar os “lereles” nos bolsillos para mercar alguna lambonada e marchamos, en fila de dous (con máscara) cara a praia de Barraña. O camino fixémolo de xeito escalonado para evitar aglomeracións e fumos saíando tódolos grupos de 10-12 participantes, acompañados por 3-4 monitorxs en intervalos de 10 min. Na praia, colocámonos seguindo a distancia de seguridade e cando non era posible empregábamos a máscara que foi en momentos concretos. Queremos darlles publicamente as gracias a tódolxs acampadxs pola súa implicación e responsabilidade en referencia a situación atípica que estamos a vivir, xa que na praia, incluso para a ir á auga gardaron sempre a distancia e dende o primeiro momento entenderon que era polo ben individual e colectivo! Son, dende logo, un exemplo para toda a mocidade!
Unha vez alí
desfrutamos ao máximo do día, escollendo unha zona de árboles para acougar un
pouco do Sol. Xogamos ao axedrez, ao vóley, ás cartas, voamos cometas, desfrutamos
dun rato entre compañeirxs sen presas nin preocupaciós pero sobre todo, bañámonos,
bañámonos un montón!
Xogamos a unha morea
de xogos na área e na auga, adivinanzas e moitos xogos que nos fixeron pensar
pero houbo tempo para todo, hasta a
algún lle deu tempo a botar unha soneca. Foi un día super completo e entretido,
pero o que no sabíamos é que o mellor aínda estaba por chegar….
Chegada a noite e con ela, a
velada, rememoramos unha das series máis coñecidas para aqueles que crecemos
xunto ao Xabarín da TVG. Esa "super" noite a contaminación invadíu a
nosa contorna e por iso tivemos unha inesperada e importante visita. Os
guerreiros de Gaia viñeron a reclutar aos nosos acampados/as para atopar aos
Planetarios (Vento, Lume, Terra, Auga e Corazón), conseguir os aneis e así
poder invocar ao Capitán Planeta para que loitara contra a contaminación
e deixar nas nosas mans o facer deste lugar un mundo mellor.
Comentarios
Publicar un comentario