DON PATRICIO E ROSALÍA VISITAN CANDILEXAS!

IMPORTANTE: MAÑÁ 20 DE XULLO DE 2020 REALIZAREMOS A EXCURSIÓN Á PRAIA E AO PARQUE MULTIAVENTURA DO RÍO COROÑO (SAÍDA ESCALONADA POR GRUPOS REDUCIDOS PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS) NON HABERÁ MÓBILES NIN CHAMADAS. DESCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS.

 

Onte, 18 de xullo de 2020 , os grupos de Candilexas: ACRÓBATAS, MAGOS, MALABARISTAS, TRAPECISTAS E ILUSIONISTAS continuaron coas rotacións características do campamento.

Tiro con arco, Láser Tag, Circo R1 , caracterización e teatro ata completar o ciclo e que tódolos grupos pasaran por cada unha das actividades.

Xa na segunda metade da mañá, despois de tomar un tentempé e facer o cambio de máscara, comezamos con algunhas rotacións novas:

Tendo xa nocións básicas de malabares e despois de elaborar as nosas pelotas na primeira rotación de CIRCO, nesta segunda, aproveitamos para probar outras disciplinas como malabares con aros, panos, mazas, cariocas, diábolos, disco chino, etc. Tamén puxemos a proba o nosa propecepción e equilibro nos zancos e no slackline.



Por outra banda, comezamos a practicar os primeiros pasos en BODY COMBAT, isto consiste en realizar movementos baseados en distintas artes marciais seguindo o ritmo dunha base musical... pasámolo pipa dando patadas ao aire!

Ademais algúns dos grupos xa tiveron a sorte de presenciar o espectáculo cómico de dous dos nosos monitores máis “máxicos” na rotación de MAXIA, e xs nenxs puideron aprender algún dos trucos que desvelaron os monitores.

Finalmente, comezaron tamén coa rota de PERCUSIÓN, unha das máis divertidas e ruidosas. Con cubos, baquetas e maracas aprenderon a controlar os ritmos e o tempo. E xa practicaron algunha canción coa axuda de un monitor á guitarra e outra monitora marcando os ritmos e cantando.


A día catro de campamento xa temos as rutinas máis asentadas e comezamos a acostumarnos ao axetreo do campamento. No tempo libre do mediodía aproveitamos para falar coas nosas familias/titores pero tamén para xogar e conversar cxs nosxs compañeirxs que pouco a pouco xa se van convertendo en novxs amigxs.

O carteiro pasou onte por Candilexas e deixou un BUZÓN no que poder deixarnos cartas entre nós e con iso chegou o “salseo”, como di a rapazada.  Moito lles gustan os contos e os bule bules! 😊

Pola tarde estivemos a traballar no que nos chamamos "CONTOS AO REVÉS", unha actividade teatral que fomenta a autonomía o inxenio e a creatividade, así como a expresión oral e escrita.

Contamos coa presencia no campa de dous importantísimos críticos de teatro que estaban a organizar unha obra que consiste en escoller contos clásicos ou aclamados polo público, no último momento quedaron sin actores e escolleros aos nosos/as acampados/as para representar ese papel.

Os nenos/as deberán transformar algún conto ou historia resaltando aqueles valores máis importantes ou temas de actualidade (perspectiva de xénero, bullying, estereotipos...) e cambiarlles o final ou o transcurso da historia facendo do conto unha historia máis adecuada aos nosos tempos. As obras que os rapaces/as preparen representaránse cara os últimos días do campamento.

 

Á noite, Candilexas converteuse nunha gran festa de FUROR, un concurso musical no que os grupos deben pasar diferentes probas para coroarse como campións, pero a cousa estivo moi reñida. Nós estamos segurxs de que escoitaron ata en Ribeira os nosos cánticos. E que foi unha noite especial, os presentadores Rosalía (tra, tra) e Don Patricio contaron para o seu espectáculo cunha chea de celebridades como Lady Gaga, Nicky Minaj, King África, Aitana, Omar Montes... e unha morea de persoaxes que nos amenizaron a velada. Foi sen dúbida unha noite para o recordo.

Bailamos, rimos e cantamos tanto que ao chegar a campa caemos todos rendidos. Nin os grilos escoitamos.

 

NOTA: ESTÁN XA DISPOÑIBLES ÁS FOTOGRAFÍAS DO DÍA DE ONTE NO DRIVE.

AH! QUE NOS ESQUECIAMOS... ANIMAMOS AOS PAIS/NAIS/TITORXS E DEMÁIS FAMILIA E AMIZADES A COMENTAR NO BLOG AS VOSAS IMPRESIÓNS!

 

AGARDÁMOSVOS, GRACIAS POR LERNOS E ATA MAÑÁ!


Comentarios

  1. Muchas gracias por mantenernos informados.
    Dais muchísima envidia, yo me iba corriendo si tuviese unos pocos años menos. Estoy deseando que lleguen las campistas para que me cuenten todos los detalles. Pero todo a su tiempo, ahora seguid pasándolo muy bien que aun estáis en el ecuador. Besos a todos!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!