EXCURSIÓN Á PRAIA+PARQUE DO RÍO COROÑO+CLUEDO DO CIRCO
Antonte,
sexto día de campamento e 20 de xullo de 2020, tocou día de PRAIA e excursión
ao PARQUE MULTIAVENTURA DO RÍO COROÑO. Foi un día de sol pero non tan
caluroso como o pasado o que nos permitíu raelizar a ruta de camiño con máis
facilidade.
Algúns
grupos pola mañá e outros pola tarde, despois de comer, desfrutaron dos
amigos/as, xogaron ao voley, bañaronse, botaron unhas cartas, faceron unha
morea dedebuxos, voaron cometas, xogaron á petanca, ao fútbol, cos frisbies e
coas palas... mercamos unhos xeados e unhas chuches para completar este día tan
xenial. E cando creíamos que nada podía ser máis divertido, visitamos o Parque
Multiaventura do Río Coroño, unha contorna natural chea de emocións!
Chegada
a noite, visitounos o Gran Circo de Candilexas, non faltaba ninguén, a
bailarina, o forzudo, o domador... pero de súpeto, en plena actuación,
aconteceu un terrible crime. A bailarina foi asasinada! Os nosos acampados e
acampadas participaron na investigación do caso, como si do xogo do CLUEDO
se tratara. Tiveron que adiviñar quen era o asasino, con que arma a matara, en
que lugar e porqué o fixo. Convertéronse en auténticos detectives interrogando
aos integrantes do circo e realizando complicadas pescudas ata dar coa
solución!
Comentarios
Publicar un comentario