FIN DA 1ª QUENDA! MILLEIROS DE GRAZAS!

Tras unha fin de semana de descanso e desconexión voltamos unha última vez para despedirnos desta primeira quenda.

Os comezos sempre son difíciles, a pesar de que para nós, Candilexas, un ano máis, converteuse nun fogar máis ca nun simple campamento de verán.  Este ano máis que nunca o equipo técnico e dirección plantexábamos o campa con dúbidas e medos, coma tódolos anos, pero este un pouco máis pola situación actual que estamos a vivir.

Porén, temos que agradecer aos 58 rapaces e rapazas que fixeron que as cousas que nun principio plantexábanse complicadas tornaran en sinxelas grazas a súa responsabilidade, empatía e capacidade de adaptación aos cambios.  

Por iso, querémonos dirixir a vós, eses nenos e nenas que enchístedes de ledicia esta contorna especial que é o Campamento Xuvenil de Espiñeira. Agradecer a lección que nos destedes a tódolxs monitorxs respetando tódolas medidas que tivemos que asumir para facer desde campa un lugar seguro. Agradecer tamén a responsabilidade e madurez que mostrástedes ante esta situación, complicada para todxs.

E por último,  tamén aos pais/nais/titorxs, pola confianza depositada e escoller este campa entre moitos outros para que xs vosxs nenxs pasaran dez días inesquecibles. Nós, xs monitorxs, enfermeiro e equipo directivo xamáis os esqueceremos e desexamos de todo corazón que Candilexas nos volva a xuntar nunha aventura futura e que para aquel entón poidamos darnos tódolos abrazos e bicos que este ano non puidemos.

 

GRAZAS e ATA A PRÓXIMA, AVENTUREIRXS!

...PORQUE NAIDE NOS VAI A QUITAR OS CAMPAS DE VERÁN!



Comentarios

  1. ICÍAR no va a olvidar nunca este campamento, que ha hecho mella en su infancia sin duda. Muchas gracias por vuestra dedicación y por dejar huella en el corazón de los niños.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!