LADIES AND GENTLEMAN... O ESPECTÁCULO VAI DAR COMEZO!

IMPORTANTE: MAÑÁ 17 DE XULLO DE 2020 REALIZAREMOS A EXCURSIÓN Á PRAIA DE BOIRO (SAÍDA ESCALONADA POR GRUPOS REDUCIDOS PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS E DELIMITANDO O ESPACIO NA MESMA) NON HABERÁ MÓBILES NIN CHAMADAS. DESCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS.

 

Onte, 15 de xullo de 2020, o campamento Candilexas abría as súas portas a 58 rapaces e rapazas que xa dende o primeiro momento demostraron ter unhas ganas enorme de desfrutar, aprender e pasalo ben en contacto pleno coa natureza.

Despois de estes meses de encerro, O Campamento Candilexas pretende ser un universo onde compartir vivencias e experiencias desfrutando da contorna e establecendo novos lazos sempre velando pola seguridade individual e grupal tendo sempre presente a situación actual que estamos a vivir.

O día comezou ás 9,  coa chegada dxs primeirxs participantes, a recepción foi fluída grazas a organización da mesma por cita previa, evitando aglomeracións e longas esperas así como da prolongación do horario de chegada.


Os 58 rapaces e rapazas foron divididos en 5 grupos de 10-12 participantes que se manterán fixos ao longo de todo o campamento cos que compartirán principalmente esta experiencia (actividades, grupos de veladas, comedor, duchas, proximidade de tendas...) Os Acróbatas, Magos, Malabaristas, Trapecistas e Ilusionistas contan cada un cos seus 3-4 monitorxs de referencia co fin de facer a estadía máis individualizada, prestando maior atención ás necesidades de cada nenx e establecendo así unha relación de confianza estreita entre elxs. Ademais, con isto queremos conseguir minimizar o contacto entre o gran grupo e reducir o risco. Para iso, tamén dispoñemos de material único e intransferible para cada un dos grupos (material de tempo libre, material de papeleria e manualidades...) e todo aquel que por calquer motivo teña que ser compartido será inmediatamente desinfectado tras o seu uso. 




A mañá, segundo ían chegando realizaron un pequeno obradoiro de elaboración dunha funda para gardar a máscara xa que é algo que andan a usar continuamente cando non podemos garantir a distancia de seguridade de 1’5m. A proposta foi crear un pequeno sobre coa cor propia do seu grupo e personalizalo co seu nome, debuxos, etc.  para poder levar sempre consigo colgado e facer así un uso correcto da máscara cando non a estamos a empregar.


Comezamos con nervios e incertidumes pero a medida que o día foi avanzando os nervios fóronse diluíndo e transformándose en ilusión.

Pola mañá e parte da tarde adicamos tamén o noso tempo a realizar xogos, dinámicas e cánticos que nos axudaron a deixar a vergoña na casa e abrirlle as portas á creatividade e á imaxinación.

Aproveitamos para explicar o funcionamento do noso campamento, as pautas a seguir en canto a hixiene de mans, correcto uso da máscara e demáis medidas de seguridade así como ás normas que asegurarán unha boa convivenza entre acampadxs, monitorxs e persoal da instalación. En resumidas contas... Aprender a respectarnos, entender que as nosas diferenzas son o noso prezado tesouro, o que nos fai únicos, pero sobre todo, que estamos aquí para vivir unha experiencia inesquecible.

A chegada da noite, trouxo consigo un dos momentos máis esperados polos acampados e acampadas... A VELADA DA CAZA DO MONITOR (RASTREXO POLA INSTALACIÓN)!

Cando caeu a noite en Candilexas apareceron dous “policías” coa intención de clausurar o campamento porque varixs monitorxs moi lambóns asaltaron a cociña e comeron os postres dos 10 días, ocasionándolles graves problemas como a pérdida da memoria e unha morea de síntomas estraños ( a cara volvéuselles vermella, saíronlles machas de vaca por todo o corpo...)

Os policías pedíronlle axuda aos acampadxs para atopar a estxs monitorxs por toda a instalación coa axuda dun mapa, a súa misión era clara: atopalos a todos, identificar os síntomas e realizar a proba correspondente para conseguir o antídoto, e que o campa puidera seguir adiante.



NOTA: XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS FOTOGRAFÍAS DO PRIMEIRO DÍA NO ENLACE FACILITADO NAS CARTAS INFORMATIVAS.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!