A PANTASMA DA ÓPERA CHEGA A CANDILEXAS!
#DÍA2DE10 #QUENDA3
O xoves, 13 de
agosto de 2020, foi o segundo día do Campamento Candilexas, o primeiro día
completo neste lugar máxico.
Os dous grupos que
o conforman, ACRÓBATAS E ILUSIONISTAS, comenzaron coas actividades rotativas do
campamento, TEATRO, CARACTERIZACIÓN, LÁSER TAG e CIRCO.
En TEATRO,
realizaron diferentes xogos e dinámicas de distensión e cohesión grupal
fomentando a expresión corporal, as técnicas de dramatización e improvisación e
aprendendo a perder a vergoña. E unha actividade xenial para desenvolver a nosa
creatividade, establecer vínculos e traballar as emocións e distintos valores
sociais. Pasámolo en grande e descubrimos o noso talento para o teatro.
En CARACTERIZACIÓN
fixémonos tatuaxes, maquillaxes complexos no rostro e algunhas persoas ata
pintaron pernas e non deixaron un anaco do corpo libre! Enchimos de cores a
nosa pel e aprendemos unha morea de técnicas para caracterizarnos!
En LÁSER TAG,
unhos piratas futurísticos que aseguraban vir da flota do mesmísimo Capitán Jack
Sparrow foron parar en Boiro e sen decatarnos vímonos envoltos nunha guerra
pirata de pistolas láser por facerse coas augas do Caribe, atrapámola bandeira,
conquistamos territorios e derribamos aos piratas inimigos pero sobre todo
rímos, corremos e pasámolo pipa!
Por último, en CIRCO,
probamos a facer malabares con diferentes obxectos: mazas, aros, panos, bolas,
cariocas, etc. Xogamos co diábolo, os zancos... fixemos piruetas na cama elástica
e practicamos o noso equilibro no slackline, unha corda elástica similar ao
funambulismo.
Pola noite, Candilexas
convertíuse nun gran e coñecido musical, a opera Gardnier de París chegou ao
campamento con todo o equipo de artistas, pero de súpeto unha das cantantes,
Christine Daaé foi raptada pola PANTASMA DA ÓPERA, xs acampdxs
deberían axudar ao resto de integrantes da ópera a atopar á súa máis preciada
cantante, deberíana atopar e superar diferentes probas ata conseguir o mapa das
catacumbas onde se agocha a pantasma para así liberar á cantante.
NOTA: XA ESTÁN SUBIDAS AO
DRIVE AS FOTOGRAFÍAS DO DÍA 2 E 3 DE CAMPAMENTO CORRESPONDENTES AO 13 E 14 DE
AGOSTO. DESCULPEN A TARDANZA.
AGARDAMOS OS VOSOS
COMENTARIOS NO BLOG!
Comentarios
Publicar un comentario