ADIVIÑA QUE TALENTO TEMOS!
#DÍA8DE10 #QUENDA3
O campamento está a piques de rematar e o tempo segue sen darnos un descanso, así a todo, nós erguémonos con enerxía e ganas de seguir desfrutando destes días en Candilexas.
Pola mañá fixemos un obradoiro, un marco de fotos con material de refugallo, principalmente de cartón, e coa axuda de tesoiras, cola, temperas, pinceis, etc. Creamos o noso propio porta retrato para poder levarnos unha foto de recordo.
Despois,
da merenda de media mañá xogamos a “UN PARA GAÑAR”, pasámolo en grande facendo
apostas e probas onde o ridículo non existe e so hai cabida para a risa e a
diversión.
Pola tarde, seguimos cos ensaios do “TI SI QUE VALES” e posteriormente representamos os nosos
números artísticos no talent show televisivo máis coñecido da historia de
Candilexas.
Chegada a noite, visitounos o Gran Circo, non faltaba ninguén, a bailarina,
o forzudo, o domador... pero de súpeto, en plena actuación, aconteceu un
terrible crime. A bailarina foi asasinada! Os nosos acampados e acampadas
participaron na investigación do caso, como si do xogo do CLUEDO se
tratara. Tiveron que adiviñar quen era o asasino, con que arma a matara, en que
lugar e porqué o fixo. Convertéronse en auténticxs detectives interrogando aos
integrantes do circo e realizando complicadas pescudas ata dar coa solución!
NOTA: XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS FOTOS DO DÍA 8 DE CAMPAMENTO (19/08/20).
MAÑÁ AO LONGO DO DÍA SUBIREMOS AS FOTOS DO DÍA DE HOXE MÁIS O VIDEO FINAL DE FOTOS E O VIDEOCLIP DO CAMPAMENTO. ROGAMOS DESCARGUEN TODAS AS FOTOS E VIDEOS.
P.D: HOXE POR FIN SAÍU O SOL! MAÑÁ CONTÁMOSVOS MÁIS! DEICA LOGO E GRAZAS POR LERNOS!
Comentarios
Publicar un comentario