APROVEITANDO OS RAIOS DO SOL!
#DÍA3DE10 #QUENDA3
Onte, 14 de agosto de 2020, foi un día especial porque tivemos a “EXCURSIÓN Á PRAIA DE BARRAÑA (BOIRO)”. Tódolos días, no comedor podemos observar o cartaz do día, un cronograma que nos conta as actividades que levaremos a cabo durante a xornada.
Tras almorzar, repartimos os “lereles” para mercar algunha chuche, puxemos o pucho, botamos crema e enchemos a mochila de moita ilusión para afrontar o día.
Saímos de xeito
escalonado para evitar aglomeracións pola rúa e partimos en grupos de 11
acompañadxs de 6 monitorxs cada grupo. Polo camiño cantamos tan alto que nos
escoitaron en Ribeira e fixemos do camiño un ameno paseo.
Xa na praia, coa
nosa zona reservada para evitar o contacto coa xente allea a nós. Tomamos unha froita para repoñer forza e logo
organizamos un xogo por equipos na area: a rosa dos ventos, acabamos como
croquetiñas recién feitas.
Despois de comer un
par de bocatas, mercamos algunha lambonada, algún xeado ou refresco e
desfrutamos da tarde coa charla entre compañeirxs, aproveitamos para facer amizades, estreitar lazos, pero tamén
para xogar, ler, desfrutar da praia, a area, o mar.
Botamos un torneo
de brilé entre acampadxs e monitorxs, voamos cometas, xogamos á bomba na auga e
ata enterramos a un monitor na area e fixémoslle unha gran cola de serea. Tamén
tivemos tempo para xogar ao parchís, ao axedrez, ás palas, ao badmiton, fútbol,
voleibol, petanca, cartas...
Chegada a noite e con ela, a velada, rememoramos unha
das series máis coñecidas para aqueles que crecemos xunto ao Xabarín da TVG.
Esa "super" noite a contaminación invadíu a nosa contorna e por iso
tivemos unha inesperada e importante visita. Os guerreiros de Gaia viñeron a
reclutar aos nosos acampados/as para atopar aos Planetarios (Vento, Lume,
Terra, Auga e Corazón), conseguir os aneis e así poder invocar ao CAPITÁN
PLANETA para que loitara contra a contaminación e deixar nas nosas
mans o facer deste lugar un mundo mellor.
NOTA: XA ESTÁN SUBIDAS
AO DRIVE AS FOTOGRAFIAS CORRESPONDENTES AO DÍA DE ONTE E ANTONTE. DESCULPADE A
TARDANZA.
AGARDAMOS POLOS VOSOS
COMENTARIOS NO BLOG, GRACIAS E DEICA MAÑÁ!
Comentarios
Publicar un comentario