BENVIDXS Á 3ª QUENDA!

 

#DÍA1DE10 #QUENDA3

AVISO IMPORTANTE: MAÑÁ, 14 DE AGOSTO DE 2020, REALIZAREMOS A EXCURSIÓN Á PRAIA DE BARRAÑA (BOIRO). A SAÍDA REALIZARASE POR GRUPOS, DE XEITO ESCALONADO PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS, RESERVARASE UN ESPACIO DE SOL E SOMBRA PARA EVITAR O CONTACTO CON XENTE ALLEA AO CAMPAMENTO. EMPREGARASE A MÁSCARA EN TODO MOMENTO AGÁS NO BAÑO E NAS COMIDAS ONDE SE ASEGURARÁ A DISTANCIA DE 1’5M. NON HABERÁ MÓBILES NIN CHAMADAS. DESCULPEN AS MOLESTIAS.

 

Onte, deu comezo a terceira quenda desta atípica Campaña de Verán, a pesar das medidas e protocolos a seguir, os nenos e nenas chegaron con ganas de desfrutar do medio natural que nos brinda a contorna do Campamento Xuvenil de Espiñeira e de establecer lazos entre iguais e desenvolver habilidades novas no Campamento de Candilexas, un espazo de creatividade e lecer en torno ao teatro e as artes, con actividades variadas como tiro con arco, body combat, caracterización, circo, maxia, láser tag, teatro, obradoiros de arte na natureza, acrosport, percusión, diferentes actividades ligadas ao teatro, dramatización e expresión corporal e outras de gran grupo como o festa holi e festa da espuma.

Amenceu o día con choiva, a primeira molleira de este verán en Candilexas, pero pronto o tempo deunos unha tregua e vimos saír o sol.

Pola mañá foi a recepción dxs acampadxs, 22 nenos e nenas de diferentes lugares de Galicia chegaron para facer de Candilexas un fogar, esta quenda é o grupo máis reducido de todas as que vivimos ata agora, algo positivo para establecer lazos afectivos e amizades fortes, fomentando o coñecemento mutuo e a interacción social, algo do que estes últimos meses non puidemos desfrutar.

A medida que foron chegando realizamos un obradoiro personalizado para crear un garda-máscaras, e así poder conservar a nosa nos momentos que non a levemos posta (comidas, durmir, duchas...) de xeito seguro e mantendo as medidas hixiénicas.


Unha vez chegaron todas as persoas participantes realizamos xogos de presentación por grupos, somos dous grupos de 11 participantes, os ACRÓBATAS e os ILUSIONISTAS. Despois da comida e de desfrutar do tempo libre con diversos xogos como parchís, oca, dominó, uno, axedrez e outros máis deportivos como baloncesto, fútbol, voley, badminton, etc., Ana e Hugo, a directora  e o coordinador do Campamento, explicaron as normas de convivencia e o funcionamento do mesmo coa fin de desfrutar dunhos dez días inesquecibles onde primen valores como o respeto polxs compañeirxs, polo medio natural, pola diversidade, a empatía e o compañerismo.

Chegada a tarde realizamos un obradoiro de decoración da nosa parte do comedor, para facer máis acolledora esa zona do campamento e poder expoñer ante xs demáis compañeirxs as nosas obras de arte, fixemos guirnaldas, cohetes, avións, todo tipo de elementos decorativos empregando diferentes técnicas como o collage, a papiroflexia e empregando diferentes materiais de papeleria e tamén de refugallo co fin de poñer en marcha a nosa imaxinación para darlle unha nova vida a aquelas cousas que xa non serven para o seu fin inicial.



Pola noite, tivemos que realizar un rastrexo pola instalación coa intención de atopar a unha morea de monis que sufriron unha intoxicación alimenticia que trouxo consigo extraños comportamentos e causoulles a pérdida da memoria. Xs acampadxs tiveron que axudarnos atopar a súa localización, descubrir que lles pasaba e descifrar o xeito de curalos para que o campa puidera seguir adiante.

Unha vez solventado o misterio dxs monitorxs e rematada a velada da CAZA AO MONITXR, fixemos unha breve relaxación como volta a calma e regresamos ás tendas onde puidemos desfrutar dun tempo cxs nosxs monis de tenda para solventar dúbidas, compartir inquietudes e falar do transcurso do día antes de pechar os ollos e descansar nesta paraxe tan especial en plena natureza.

 

NOTA: AS FOTOGRAFÍAS DO DÍA DE ONTE XA ESTÁN DISPOÑIBLES NO DRIVE PRIVADO ACCEDENDO CO ENLACE FACILITADO NA CARTA INFORMATIVA. CALQUERA DÚBIDA OU PROBLEMA NO ACCESO PODEDES ESCRIBIRNOS AO CORREO candilexas2020@gmail.com.

AGARDAMOS OS VOSOS COMENTARIOS E IMPRESIÓNS! ATA MAÑÁ!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!