BENVIDXS Á 4ª QUENDA, CAMPISTAS!
IMPORTANTE: MAÑÁ, VENRES 28 DE AGOSTO DE 2020, REALIZAREMOS
A EXCURSIÓN Á PRAIA DE BARRAÑA. A SAÍDA SERÁ EN GRUPOS PEQUENOS E DE
XEITO ESCALONADO PARA EVITAR AGLOMERACIÓN. O ESPAZO NA PRAIA ESTARÁ DELIMITADO
PARA EVITAR CONTACTO CON PERSOAS ALLEAS AO CAMPAMENTO. NON HABERÁ MÓBILES
NIN CHAMADAS. DESCULPEN AS MOLESTIAS.
#DÍA1DE10 #QUENDA4
Onte, 26 de agosto de 2020, deu comezo a última quenda de este verán atípico pero igual de apaixoante aquí en Candilexas.
Afrontamos con alegría e ilusión esta nova aventura xa que, dende fai moitos
anos, este campamento non recibe a rapaces e rapazas de idades superiores aos 12
anos.
No entanto, esta última quenda temos o pracer de convivir coa mocidade en
estado puro, 33 persoas cheas de vitalidade e enerxía de entre 13 e 17 anos que
farán que Candilexas cerre as súas portas ata o próximo ano da mellor forma
posible.
A recepción foi de 10 a 13, retrasándonos un pouquiño nas horas finais, mentras
xs participantes ían chegando e coñecendo aos monitores e monitoras que nos
faran pasar 10 días inolvidables nesta contorna máxica, ían tamén realizando un
porta máscaras personalizado para poder manter limpa e coidada a máscara nos
momentos que non a empreguemos (comidas, aseo, sono, etc).
Candilexas atópase nun enclave especial, rodeado de natureza e preto de
Boiro e da súa longa Praia de Barraña, a que acudiremos en dúas ocasións
durante o campa si é que o tempo nolo permite.
Para garantir a seguridade e minimizar o risco ante esta situación nova e
descoñecida que estamos a vivir, traballamos e convivimos en tres grupos de entre
10 e 12 participantes, elxs son xs ACRÓBATAS, MALABARISTAS e ILUSIONISTAS.
Xs integrantes deses grupos realizaran tódalas actividades e rutinas
xuntxs, evitando o contacto cos outros acampadxs, pero sempre facendo ver que somos
en realidade un gran grupo e intentando fomentar esa identidade grupal e
sentimento de pertenza a pesar de ter que manter certas medidas.
Cando chegaron todxs e fixemos unha primeira ronda de coñecemento organizámonos para ir comer e desfrutar de tempo libre no que ir estreitando lazos e facendo novxs amigxs. Pola tarde, despois de coñecer as normas e pautas do campamento que aseguraran unha boa convivencia, realizamos varios xogos de presentación que favorecen a interacción, rompen o xeo e axúdannos a abrirnos e a perder esa vergoña dos primeiros días.
Chegada a noite, e con ela a velada, acudiron a Candilexas os Guardiáns dos
Valores, que viñan na procura de varios monitores que se extraviaron pola
instalación e atopábanse desconcertados porque perderan un valor fundamental. Xs
acampadxs tiveron que demostrar a súa valentía, rastrear a instalación na
procura de estes individuos e devolverlles o que lles foi roubado. Pero non era
así de sinxelo, seguro que alguna proba tiveron que pasar para poder descubrir
que valor lle faltaba a cada persoaxe: a empatía, a autoestima, etc.
NOTA: XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS FOTOGRAFÍAS DO DÍA DE ONTE NO ENLACE DE DRIVE
FACILITADO NA CARTA INFORMATIVA. CALQUER DÚBIDA OU PROBLEMA CO ACCESO
ESCRIBÍDENOS UN CORREO.
AGARDÁMOS OS VOSOS COMENTARIOS E IMPRESIÓNS! DEICA MAÑÁ!
Comentarios
Publicar un comentario