ESCAPE ROOM EN CANDILEXAS

 

#DÍA7DE10 #QUENDA3

Onte, 18 de agosto de 2020, realizamos as dúas últimas actividades rotativas do campamento: ARTE NATURA e ACROSPORT.

En ARTE NATURA realizamos un obradoiro de creación dun collage empregando diferentes técnicas pictóricas mesturadas con elementos naturales da contorna, e deixando voar a nosa imaxinación para crear as nosas pequenas obras de arte.


En ACROSPORT, ou tamén coñecido como ximnasia acrobática, realizamos, coa axuda dos monitores especialistas, unha morea de figuras imposibles e espectaculares case a altura do circo do sol.


Pola tarde, ensaiamos algunhas das cousas que máis nos gustaron das que aprendemos durante estes días de campamento para prepararnos para o programa de talentos máis coñecido do país, o “TI SI QUE VALES” que chegará hoxe a Candilexas.

Pola noite, o noso monitor, Juanjo, foi secuestrado e arrastrado a un universo paralelo onde cada minuto na vida real equivalen a dez anos nese universo. Xs acampadxs deberon resolver unha serie de pistas e probas propias dunha ESCAPE ROOM para conseguir atopar a chave que abra a porta a esa dimensión e os ingredientes necesarios para a cura... pero a conta atrás deu comezo... conseguiríano?

IMPORTANTE: LEMBRADE CHAMAR AO MÓBIL DO CAMPAMENTO FORA DO HORARIO DE CHAMADAS ESTIPULADO PARA CONCRETAR HORA DE RECOLLIDA (722 452 268) OU ESCRIBIDE UN CORREO A candilexas2020@gmail.com CO NOME DX ACAMPADX E HORA DESEXADA ENTRE AS 16:00 E AS 18:00 E ESPERADE CONFIRMACIÓN.

LEMBRADE TAMÉN QUE SOAMENTE PODERÁ RECOLLER Á PERSOA ACAMPADA AQUELA QUE FIXERA A INSCRIPCIÓN NO CAMPAMENTO, DE NON SER ASÍ PRECISARASE AUTORIZACIÓN E FOTOCOPIA DO DNI DA PERSOA AUTORIZADA.  TEDES ADEMÁIS QUE TRAER TODXS A FOLLA CUBERTA DE "ABANDONO DA ACTIVIDADE" QUE SE REPARTÍU O DÍA DA RECEPCIÓN. GRACIAS.

XA ESTÁN DISPOÑIBLES NO DRIVE AS FOTOGRAFÍAS CORRESPONDENTES AO DÍA DE ONTE.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!