ESTRELAS INTERNACIONAIS VISITAN CANDILEXAS!
IMPORTANTE:
MAÑÁ, LUNS 31 DE AGOSTO DE 2020, REALIZAREMOS A EXCURSIÓN Á PRAIA E
PARQUE MULTIAVENTURA DO RÍO COROÑO, A SAÍDA SERÁ EN GRUPOS PEQUENOS E DE
XEITO ESCALONADO. NON HABERÁ MÓBILES NIN CHAMADAS. DESCULPADE AS
MOLESTIAS.
#DÍA4DE10 #QUENDA4
Onte, 29 de agosto de 2020, continuamos coas
rotacións características do noso campamento, nesta ocasión iniciámonos no CIRCO
a través dun obradoiro de creación de pelotas de malabares con arroz e globos,
despois practicamos a nosa coordinación ata case ser profesionais niso de botar
pelotas ao aire e recollelas.
En BODY COMBAT, coa música ben alta ao igual
que a nosa motivación aprendemos os movementos básicos de este deporte que
combina artes marciais cunha base musical. Pasamos parte da mañá a dar patadas
e puños ao aire ao ritmo da música, acabamos esgotados pero super en forma!
Por outra banda, probamos a nosa puntería na
rotación de TIRO CON ARCO, parecíamos Katness Everdeen nos “Juegos del hambre”
ou o mesmísimo Robin Hood, a monitora federada nesta disciplina quedou coa boca
aberta ao observar aos rapaces e rapaces co seu bo manexo do arco.
Pola tarde, despois do tempo libre ente
charlas, pachangas de fútbol, baloncesto, chamadas por teléfono e algunha que
outra partida as cartas e ao parchís, deu comezo unha das actividades máis emocionantes
do Campamento Candilexas. Trátase do que nos chamamos CONTOS AO REVÉS,
unha actividade que se realiza por grupos partindo dun conto clásico (Cincenta,
Tres Porquiños, O parrulo feo, etc.) e os acampados e acampadas danlle a volta
ao argumento mantendo xs protagonistas para adecualo aos valores imperantes na
nosa época e introducir temas de interese xeral como pode ser a perspectiva de
xénero, o bullying, as adiccións, a homofobia, o racismo, a diversidade, etc.
Trátase dunha actividade complexa na que os rapaces e rapazas adoitan unha
postura crítica antes as inxustizas da nosa sociedade, buscan reeducar e
resaltar aqueles valores que deberían estar presentes para garantir os dereitos
de todas as persoas e para facer do noso mundo un lugar mellor. Cada grupo,
deberá replantexar a historia, e tras a reflexión, escribir de novo o seu
propio guión que será representado por elxs mesmxs e gravado para o recordo. Un
traballo duro pero a mar de gratificante e emocionante!
Á noite, Candilexas converteuse nunha gran
festa de FUROR, un concurso musical no que os grupos deben pasar
diferentes probas para coroarse como campións, pero a cousa estivo moi reñida.
Nós estamos segurxs de que escoitaron ata en Ribeira os nosos cánticos e que o
chan vibrou como nunca cos nosos bailes. E que foi unha noite especial, os
presentadores Rosalía (tra, tra) e Don Patricio contaron para o seu espectáculo
cunha chea de celebridades como Lady Gaga, Nicki Minaj, King África, Shakira,
Kiko Rivera e ata David Bisbal que nos amenizaron a festa! Foi sen dúbida unha
noite para o recordo.
Bailamos, rimos e cantamos tanto que ao chegar
a campa caemos todos rendidos. Nin os grilos escoitamos.
NOTA: XA ESTÁN DISPOÑIBLES NO DRIVE AS FOTOS
E VIDEOS DO DÍA DE ONTE.
Menudos fiestones os montáis!!!!....muchas gracias a todos por el esfuerzo y empeño. Conseguiréis momentos inolvidables para nuestros hijos.
ResponderEliminarSaludos,
Moitas grazas, por todo o traballo que estades a facer, e os valores que lles estades a inculcar. É a primeira vez que anoto á miña filla a un campamento, e de ser posible, non será a última. Era xusto o que necesitaba.
ResponderEliminarUn abrazo para todos.
hola soy alexandra , solo quería daros las gracias pòrto . y aunque no participara melo pase genial. y queria que supierais que aun hoy me arrepiento de no haber participado
ResponderEliminar