FIN DA TERCEIRA QUENDA!
Tras unha fin de semana de descanso e desconexión, queremos agradecer a
tódolas persoas participantes nesta terceira quenda, 22 rapaces e rapazas que,
unha vez máis, ensináronnos unha morea de valores.
Estamos enormemente agradecidxs polo comportamento exemplar, a paixón e as
ganas coas que chegaron a Candilexas ese xa lonxano 12 de agosto. Por darnos leccións
de responsabilidade e empatía en torno a situación que estamos a vivir e por
demostrar que se pode desfrutar, xogar, rir e pasalo ben se entre todas creamos
un espazo de convivencia seguro.
22 rapaces e rapazas que deixaron unha pisada enorme na nosa contorna e que,
unha quenda máis, escribiron un novo capítulo na historia de este campamento
que quedará por sempre na nosa memoria.
Gracias, gracias e gracias por tanto, campistas! Agardámosvos de novo no
voso segundo fogar, Candilexas.
NOTA: XA ESTÁN DISPOÑIBLES NO DRIVE AS FOTOGRAFÍAS DO DÍA 9 DE CAMPAMENTO ASÍ COMO O VIDEOCLIP DA CANCIÓN DO CAMPA E O VIDEO DE FOTOGRAFÍAS.
ATA A PRÓXIMA AVENTURA, CAMPISTAS!
Comentarios
Publicar un comentario