IMOS CAMPISTAS, TODXS A CANTAR!
#DÍA5DE10 #QUENDA3
Onte, 16 de agosto de 2020, chegamos ao ecuador do
campamento e parece que as nubes decidiron quedarse a vivir en Candilexas por
un tempo. O día foi gris, e ai igual que na meirande parte de Galicia, as
choivas están a intentar amolarnos pero aquí en Candilexas iso non vai pasar.
Os ánimos dxs campistas e
monitorxs están polas nubes e estamos a tomar a choiva coma un reto, unha nova
aventura que imos superar e que, como dí a nosa canción: naide nos vai a quitar
os campas de verán!
De novo, buscamos lugares
protexidos e cubertos para realizar as actividades marcadas no cronograma, neste
caso: MAXIA, TIRO CON ARCO, BODY COMBAT E PERCUSIÓN.
En MAXIA, desfrutamos
dun espectáculo cómico onde quedamos coa boca aberta (baixo a máscara) cos enxeñosos
e sorprendentes trucos dos dous magos Juanjo e Miguel. Ademais ao final ensináronnos
a realizar a algún de eles para poder deixar “flipadas” ao resto de persoas as
que llo fagamos.
En TIRO CON ARCO, continuamos
perfeccionando a nosa técnica de tiro, e en BODY COMBAT aprendemos
diferente patadas e movementos de diferentes artes marciais a través dunha base
musical.
En PERCUSIÓN descubrimos o noso corpo como método para producir ritmos e sons e practicamos a canción do campamento, algo que nos une e nos fai sentir que Candilexas xa se está a converter no noso segundo fogar.
Pola noite, aconteceu o ASALTO
EN CANDILEXAS, o alcade e o seu secretario, o incompetente e desorganizado
Paulino, acudiron ao campamento para informarnos de que acaban de recicbir unha
subvención da Consellería de Cultura para axudar a remontar o esplendor
dos circos da cidade de Candilexas. No entanto Paulino, que é moi rácano
quería parte dos cartos para él e decidiu organizar unha batalla campal ao
estilo de Rommel & Montgomery, ao final como todos o fixeron tan ben,
Paulino apiadase de eles e decide repartir os cartos entre tódolos circos para
que Candilexas volva ser unha cidade próspera e colaborativa.
NOTA: XA ESTÁN SUBIDAS AS FOTOS DO DÍA DE ONTE AO DRIVE.
Comentarios
Publicar un comentario