MAR, AREA, XEADOS E MOITAS RISAS!


#DÍA3DE10 #QUENDA4

Onte, Venres 29 de agosto de 2020, aproveitando que o Sol saíu en Candilexas timidamente entre algunha que outra nube, realizamos a EXCURSIÓN Á PRAIA DE BARRAÑA.

Erguémonos con ilusión e preparamos as nosas mochilas, bañador, crema, roupa de abrigo por si as nubes nos amolaban o día, enfundamos o chaleco reflectante, a pucha, gardamos os diñeiros nos bolsillos e comezamos a nosa andaina, por grupos de ACRÓBATAS, MALABARISTAS E ILUSIONISTAS, co fin de evitar aglomeracións.



Xa na praia, delimitamos os espazos coa axuda de conos e colocamos as nosas toallas a 1’5 metros de separación no momento das comidas. Os rapaces e rapazas, moi responsables, evitaron en todo momento o contacto con persoas alleas ao campa e extremaron as medidas de desinfección de mans. Mantivemos, segundo marca a normativa, a máscara posta en todo momento agás no baño e durante as comidas e puidemos desfrutar igual, ao 100%, dun día xenial entre amigxs.



Tomamos froita a media mañá para repoñer forza despois da camiñata e xogamos a unha morea de cousas: brilé, voleybol, badmiton, fútbol, parchís, uno, incluso voamos cometas!

Tamén tivemos tempo para charlar en gran grupo, coñecernos máis, falar de temas de interese e reflexionar a cerca de diferentes temas de actualidade.

Comemos na praia dous bocatas, un de xamón con tomate e outro de lomo e queixo e ademáis de postre, a parte da froita, mercamos unhos xeados e unhas chuches. Bañámonos, rebozámonos na area e xogamos na auga unha bomba. Tamén pasamos o rato entre acertixos e “xogos de pensar”... e claro, o que nunca pode faltar: os cotilleos, ou mellor dito, como lle chaman xs acampadxs: salseos.



Foi un día moi completo e distendido, as veces tamén está ben desfrutar do tempo libre fora de actividades dirixidas e darnos un tempo para establecer lazos coa xente que temos ao arredor, en realidade é esa a esencia do campamento, facilitar as relacións sociais o coñecemento mutuo e todo dun xeito lúdico.



Aproveitando eses momentos tan especiais, aprendemos a canción do campa, o noso himno, a letra que ao rematar os dez días corearemos con morriña entre bágoas e sorrisos.



Chegada a noite e con ela, a velada, rememoramos unha das series máis coñecidas para aqueles que crecemos xunto ao Xabarín da TVG. Esa "super" noite a contaminación invadíu a nosa contorna e por iso tivemos unha inesperada e importante visita. Os guerreiros de Gaia viñeron a reclutar aos nosos acampados/as para atopar aos Planetarios (Vento, Lume, Terra, Auga e Corazón), conseguir os aneis e así poder invocar ao Capitán Planeta para que loitara contra a contaminación e deixar nas nosas mans o facer deste lugar un mundo mellor.



NOTA: XA ESTÁN SUBIDAS AS FOTOGRAFÍAS DO DÍA DE ONTE NO DRIVE, RECOMENDAMOS DESCARGALAS E GARDALAS. 

AGARDAMOS OS VOSOS COMENTARIOS! GRAZAS POR LERNOS E DECIA MAÑÁ!


Comentarios

  1. Están pasándolo de maravilla!!, mi hija esta encantada!,,

    ResponderEliminar
  2. Están pasándolo de maravilla!!, mi hija esta encantada!,,

    ResponderEliminar
  3. Que ben, que ambientazo!! A seguir así, gozando a tope!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!