SE CHOVE, QUE CHOVA!
AVISO IMPORTANTE: POR CUESTIÓNS METEOROLÓXICAS APRAZAMOS ATA PRÓXIMO AVISO A SAÍDA Á
PRAIA E AO PARQUE MULTIAVENTURA DO RÍO COROÑO PREVISTO PARA MAÑÁ 17 DE
AGOSTO DE 2020. POLO TANTO, SÍ HABERÁ CHAMADAS. DESCULPEN AS MOLESTIAS.
#DÍA4DE10 #QUENDA3
Ao parecer avecíñanse
días de choiva en Candilexas, onte foi o primeiro de eles. As nubes cubrían o
ceo da campa e pequenas gotiñas mollaban o teito das nosas tendas, pero ese non
será motivo ningún para nos amolar a nosa xornada.
Enfundamos roupa de
abrigo e capucha e almorzamos unha morea de cousas: leite, cacao, zumo, froitas,
cereais, magdalenas, tostas con marmelada e ata tivemos chocobollos, tan
desexados polxs acampadxs!
Buscamos unha
alternativa cuberta da choiva para realizar tódalas actividades que tiñamos
previstas: TIRO CON ARCO, OBRADOIRO DE CIRCO, e CONTOS AO REVÉS.
En TIRO CON ARCO,
puxemos o noso corpo a cuberto para aprender a empregar o arco, e como si
foramos auténticxs indixs apuntamos e disparamos directo á diana, ao principio
semellaba complexo pero a práctica e o tempo fai ao experto.
En CIRCO realizamos
un obradoiro no que elaboramos as nosas propias pelotas de malabares atendendo
ao éxito da rotación anterior na que xa demostramos a nosa alucinante habilidade
e axilidade manual. Empregamos globos e arroz e practicamos ata conseguir
realizalo con tres pelotas simultaneamente. Foi todo un reto!
Pola tarde, chegou
a directora dunha importante compañía de teatro e o seu despistado axudante,
viñan na procura de actrices e actores para representar os seus mundialmente
coñecidos “CONTOS AO REVÉS” unha obra teatral na que elxs mesmxs escribirán e
representarán as súas propias obras, partindo de contos clásicos como Caperuchiña
Vermella, O Parrulo Feo, Cincenta ou Os Tres Porquiños
e daranlle a volta resaltando aqueles valores que son máis axeitados na nosa sociedade
actual e tratando temas de interese xeral como a perspectiva de xénero, o racismo,
a diversidade, o bullying, a homofobia, o respeto polo medio, etc. As obras
resultantes serán escritas, ensaiadas e representadas os últimos día do campamento
integramente polxs campistas.
Á noite, Candilexas
converteuse nunha gran festa de FUROR, un concurso musical, o maior
de tódolos tempos, no que os grupos
deben pasar diferentes probas para coroarse como campións, pero a cousa estivo
moi reñida. Estamos no correcto se afirmamos que foi o evento do ano en toda
Galicia, e é que foi unha noite especial, os presentadores, nada máis e nada
menos que Rosalía (tra, tra) e Don Patricio contaron para o seu espectáculo
cunha chea de celebridades como Lady Gaga, Nicky Minaj, King África, Shakira, Kiko
Rivera, Ana Guerra e Aitana World, Amaia Montero... e unha morea de persoaxes
que nos amenizaron a velada, pero si ata tiñamos invitacións únicas e
intransferibles e persoal de seguridade no acceso ao recinto! Foi sen dúbida
unha noite para o recordo.
NOTA: XA ESTÁN SUBIDAS AO
DRIVE AS FOTOGRAFÍAS CORRESPONDENTES AO DÍA DE ONTE.
Comentarios
Publicar un comentario