UNHA PANTASMA MERODEA POR CANDILEXAS

 

#DÍA2DE10 #QUENDA4

O 27 de agosto de 2020 foi o primeiro día completo no campa. A noite foi tranquila e amencimos cedo coa música a todo volumen no medio da campa para comezar o día con enerxía.

Intentamos deixar recollida a nos atenda, xa que os monis pasan a ”inspección” cada día e valoran a orde e limpeza da nosa tenda que deixan reflexada no “COCHÓMETRO”, un medidor que puntúa en cor vermella ou verde en función do estado de cada tenda. Os rapaces e rapazas son ben curiosiñxs, sempre son xs monitorxs xs que salen peor paradxs.

Empezamos a mañá cun ACTÍVA-T, unha rutina de bailes e coreografías que realizaremos tódolos días ás 9:30 coa intención de espertarnos e quencer un pouco o corpo para poder realizar as diferentes actividades.

O día dous de campamento, comezamos con algunhas das rotacións que representan ao noso campamento, neste caso: TEATRO, LÁSER TAG e CARACTERIZACIÓN.

En teatro, decatámonos que temos unha morea de xoves teatreiros ao ver o ben que funcionaron as diferentes dinámicas de improvisación, desinhibición e expresión corporal.



En caracterización aprendemos ás técnicas básicas de facepainting e realizamos maquillaxes de xeito individual (con materiais individuais para cada un/unha) seguindo algún modelo establecido ou deixando voar a nosa imaxinación, maquillaxes faciais ou corporais, en función dos intereses e gustos de cada acampadx.



En Láser Tag, despois de invadir o Campamento os Piratas do Caribe, enfrontámonos nunha loita do máis cibernética con pistolas láser na procura da bandeira do contrincante.



Pola tarde, despois de que tódolos grupos realizaran as tres rotas do día, chegou a Candilexas a maior carreira de coches da historia do automobilismo. Os tres grupos, de xeito simultáneo competiron en tres circuitos de obstáculos, debidamente separados, por facerse co podio.



Tiñan que ir construíndo, mellorando e engadindo elementos ao seu atípico vehículo (os participantes ían unidos con cordo facendo as catro esquinas do coche, e ian engandindo elementos que dificultaban avanzar entre os obstáculos do circuito)

Pola noite, Candilexas convertíuse nun gran e coñecido musical, a opera Gardnier de París chegou ao campamento con todo o equipo de artistas, pero de súpeto unha das cantantes, Christine Daaé foi raptada pola PANTASMA DA ÓPERA, xs acampdxs deberían axudar ao resto de integrantes da ópera a atopar á súa máis preciada cantante, deberíana atopar e superar diferentes probas ata conseguir o mapa das catacumbas onde se agocha a pantasma para así liberar á cantante.

NOTA: O BLOG DO DÍA 3 DE CAMPAMENTO E AS FOTOGRAFÍAS DO DÍA 2 E DÍA 3 DE CAMPAMENTO PUBLICARANSE AO LONGO DO DÍA DE HOXE. DESCULPADE O RETRASO. 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!