ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!
#DÍA40DE40 #FINDACAMPAÑADEVERÁN
Con esta última e inesquecible quenda damos por finalizada a Campaña de Verán.
Levamos a nosa mochila cargada de sorisos, recordos e ilusións que pouco a
pouco foron metendo tódalas persoas que este ano pasaron por Candilexas. O
verán comezaba con unha morea de dúbidas e medos pero o bo facer, as ganas e a
responsabilidade fixeron que todo marchara a diante e que remataramos con éxito
as catro quendas.
Gustaríamos que por unha vez aínda que fora, puidésedes ser nós, que puidésedes
experimentar todo o que está a acontecer agora mesmo no noso interior, e é que
temos o traballo máis fermoso do mundo. Traballar man a man coa rapazada,
convivir, experimentar, compartir, desfrutar, TODXS A UNHA por un fin común:
pasar 10 días que queden gardados para sempre no noso recordo.
Gracias de todo corazón, gracias ás familias/titores por confiar, pero sobre
todo, gracias á rapazada, en especial aos 33 rapaces e rapazas de esta última
quenda, por demostrar unha vez máis a súa madurez e responsabilidade e por
facer que esta fin de campaña non puidera ser mellor.
Lembrade sempre, como di o Capitán Planeta: “O poder é voso”, vos sodes
donos/as das vosas vidas, sodes quen de facer todo o que vos propoñades, sodes
quen de mudar o mundo e facer de él un lugar mellor.
Gracias e ata a próxima aventura, FAMILIA
CANDILEXAS!
Maravillosa e inolvidable experiencia para nuestro hijo.
ResponderEliminarMuchas gracias por vuestra gran profesionalidad y dedicación.