BENVIDO, SETEMBRO COLORIDO!
#DÍA7DE10 #QUENDA4
En países como India realizan unha gran festa Holi, ou festa dos colores
para dar a benvida á primavera, pois nós, en Candilexas fixémola para darlle a
benvida a este novo mes. Pero iso non foi todo o que fixemos ese 1 de setembro,
queredes descubrir as nosas peripecias? Pois continúa lendo…
O martes 1 de setembro de 2020 rematamos coas actividades rotativas do campamento:
ACROSPORT, MAXIA e PERCUSIÓN. Fixeron
diferentes figuras de acrosport, complexas composicións aptas sólo para “candilexianos”,
en maxia viviron un espectáculo cómico da man de dous dos nosos monitores
especialistas que nos deixaron coa boca aberta cos seus trucos pero por sorte contáronnos
algún dos seus segredos e puidemos aprender moitos de eles. Finalmente tivemos percusión,
a mellor actividade para canalizar a nosa enerxía reventando cubos coas
baquetas e facendo resoar a nosa música en toda a campa. Cantamos, aprendemos a
tocar os ritmos e controlar os tempos e sobre todo, sacamos esx rockeirx que
levamos dentro.
Pola tarde, como xa adelantamos antes, fixemos unha gran festa HOLI que veu
acompañada dunha morea de xogos de auga, unha “yinkana guarra” e a tan esperada
FESTA DA ESPUMA!
Nunca vin á rapazada
bucear con tanta destreza entre tanto xabón!
Pola noite, o Campamento
Xuvenil de Espiñeira convertíuse no Colexio de Maxia e Feitizería CANDILEXAS e
tivemos que axudar a Harry Potter a atopar os horrocruxes para
derrotar a Voldemort na Batalla Final da Segunda
Guerra Máxica, contamos coa axuda dunha morea de profesores/as e alumnos/as de
Hogwarts así como o fiel amigo e protector de Harry, Dobby o elfo doméstico, que
nos ensinaron feitizos para a gran batalla aínda que tamén tiñamos a desvantaxe
de que os dementores e a terrorífica Bellatrix Lestrange merodeaban
pola zona.
NOTA: XA ESTÁN SUBIDAS AS
FOTOS DO DÍA 1 E 2 DE SETEMBRO. AO LONGO DO DÍA ACTUALIZAREMOS O BLOG COAS
NOSAS AVENTURAS DO DÍA DE ONTE. DESCULPADE O RETRASO.
Comentarios
Publicar un comentario