CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!
#DÍA8DE10 #QUENDA4 O mércores 2 de setembro foi toda unha aventura, pola mañá, despois do almorzo e o ACTÍVATE adentrámonos de cheo no READY PLAYER ONE, un gran xogo baseado na película de ciencia ficción de Spielberg que recibe este mesmo nome. A historia
comeza en 2045, co xove Wade Owen Watts, un xogador de videoxogos que prefire
a realidade virtual antes que o mundo real. O Máster Gamer, Wade Owen,
creou un mundo de realidade virtual idéntico a Candilexas e escondeu aquí
tres ovos dourados que de atopalos otorgaríanlle a Jimmy e Timmy, dúas persoaxes
de baixo rango, unhas skins pro e non as de segunda man que levan
agora. A nosa misión era axudar a estes dous visitantes. Xs acampadxs deberon
atopar e resolver os “easter eggs” (minixogos ocultos dentro do gran
xogo). Cando atoparon un deberon memorizalo e ir a outra zona onde unha
persoaxe do xogo realizoulles unha proba. Unha vez superada puideron seguir
na procura de eses fantásticos “easter eggs”. Unha vez rematadas as
probas, recibiron tres chaves (unha cada grupo) que lles deu acceso ao nivel
máster e búsqueda de ese ovo dourado. Sen embargo, durante a merenda de media mañá dous ladróns roubaron as chaves que tanto esforzo lles costara conseguir aos nosos acampados/as polo que Timmy e Jimmy informaron de que deberían acceder aos “niveis bonus”. Pero estxs acampadxs son uns/as autenticxs campións/as e conseguiron pasar tódalas fases, recuperar as chaves, atopar os ovos e facer de Timmy e Jimmy dúas persoaxes de alto nivel. Pola tarde, preparámonos para participar no “Ti si que vales” de
Candilexas, un show televisivo no que demostrar todo o noso talento, que non
é pouco. Temos actuacións de todo tipo, musicais, de maxia, teatrais, de
habilidades ximnásticas... e pasamos a tarde ensaiando para hoxe facer a gran
actuación ante o público. Chegada
a noite, visitounos o Gran Circo de Candilexas, non faltaba ninguén, a
bailarina, o forzudo, o domador... pero de súpeto, en plena actuación,
aconteceu un terrible crime. A bailarina foi asasinada! Os nosos acampados e
acampadas participaron na investigación do caso, como si do xogo do CLUEDO se
tratara. Tiveron que adiviñar quen era o asasino, con que arma a matara, en
que lugar e porqué o fixo. Convertéronse en auténticos detectives
interrogando aos integrantes do circo e realizando complicadas pescudas ata
dar coa solución! |
Me reitero, SOIS LO MAS!!!!!!,
ResponderEliminarPropoño unha 5° Quenda de Candilexas pero para nais e país. Morro de envexa!!!. Un 12 para @ fotograf@!!!!!!
ResponderEliminarApuntamonos ao de pais e nais!! Todo semella súper divertido! Moitas grazas por facelos protagonistas destas experiencias!
ResponderEliminarSois un equipo increible y habeis hecho un maravilloso regalo a nuestros niños.
ResponderEliminarSeguid siempre con esa fuerza, esa ilusion y ese amor. Hareis felices a los que os redean.
Muchisimas gracias por el blog, por las fotos y por los reportajes. Un precioso recuerdo
ResponderEliminar