O ESCAPE ROOM "UNIVERSO PARALELO" CHEGA A CANDILEXAS
IMPORTANTE: LEMBRADE CHAMAR AO MÓBIL DO CAMPAMENTO FORA DO HORARIO DE CHAMADAS
ESTIPULADO PARA CONCRETAR HORA DE RECOLLIDA (722 452 268) OU
ESCRIBIDE UN CORREO A candilexas2020@gmail.com CO NOME DX ACAMPADX E HORA
DESEXADA ENTRE AS 16:00 E AS 18:00 E ESPERADE CONFIRMACIÓN.
LEMBRADE TAMÉN QUE
SOAMENTE PODERÁ RECOLLER Á PERSOA ACAMPADA AQUELA QUE FIXERA A INSCRIPCIÓN NO
CAMPAMENTO, DE NON SER ASÍ PRECISARASE AUTORIZACIÓN E FOTOCOPIA DO DNI DA
PERSOA AUTORIZADA. TEDES ADEMÁIS QUE TRAER TODXS A FOLLA CUBERTA DE
"ABANDONO DA ACTIVIDADE" QUE SE REPARTÍU O DÍA DA RECEPCIÓN, CONFORME
O RAPAZ OU RAPAZA ABANDONA A ACTIVIDADE TRAS TER FINALIZADO O CAMPAMENTO.
GRACIAS.
#DÍA6DE10
#QUENDA4
Bos días aventureirxs!
Antes de comezar
a contarvos como foi o noso día de onte queriamos agradecer de todo corazón os
vosos comentarios e palabras. Son unha inxección de enerxía para todo o equipo
saber que estades contentxs de vernos desfrutar. Nos facémolo encantadxs, é a
nosa paixón e así o intentamos demostrar, pero a verdade é que resulta moi
satisfactorio cando o teu esforzo se ve tan recompensado non so cos xestos dos
rapaces e rapazas cos que convivimos día a día se non tamén por parte de esas
persoas que nos vedes a través das pantallas. MILLEIROS
DE GRAZAS!
Pois continuando un
pouco con esta pequena historia que estamos a escribir no gran libro de
aventuras de Candilexas, engadimos a do día de onte, 31 de agosto de 2020.
Realizamos a excursión
á PRAIA E AO PARQUE MULTIAVENTURA DO RÍO COROÑO, a pesar de que esta
volta facía mais fresco non faltaron os baños e os xogos na auga, tampouco as voltas
pola area e as charlas infinitas.... bueno! E moito menos os xeados!
Algúns dos grupos
animáronse a probar coa improvisación de rap e fixemos un pequeno obradoiro, saíron
auténticos pareados tras unha base musical de bombo e caixa!
Tamén visitamos un
parque cheo de estruturas metálicas e de madeira como rocódromos, tirolinas... é
que o pasamos en grande!, iso si, extremamos as medidas de desinfección de mans
ao 200% para evitar traernos con nós algún “visitante” que non é ben recibido.
Pola noite, o noso monitor, Juanjo, foi secuestrado e
arrastrado a un universo paralelo onde cada minuto na vida real equivalen a dez
anos nese universo. Xs acampadxs deberon resolver unha serie de pistas e probas
propias dunha ESCAPE ROOM para conseguir saír de onde estaban
encerrados, atopar a chave que abra a porta a esa dimensión e os ingredientes
necesarios para a cura de Juanjo... pero a conta atrás deu comezo...
conseguiríano?
NOTA: XA ESTÁN
DISPOÑIBLES AS FOTOGRAFÍAS DE ONTE (31/08/20).
Un día más, demostrándonos lo bien que hacéis vuestro trabajo,y como lo disfrutan nuestros hij@s. Mil gracias!!!
ResponderEliminarCada día sorprendédesnos coas vosas propostas e coas caras de ledicia das nenas e nenos. Moitas grazas polo voso traballo e por coidar deles!!
ResponderEliminar