ROZANDO O CEO COA PUNTA DOS DEDOS

 

#DÍA5DE10 #QUENDA4

O día 30 chegamos ao ecuador do campamento, case coincidindo co fin do mes de agosto. As relacións entre acampadxs xa se atopan nunha fase de cohesión e confianza, en gran parte forxada grazas ás asambleas que se están a realizar tódolos días durante media hora aproximadamente onde tratamos temas que resultan do seu interese ou que axudan a reforzar a confianza en sí mesmos como aprender a fomentar a autoestima e o autoconcepto positivo.

Estas asambleas facilitan a creación dun clima de confianza no grupo que fai que sexan capaces de falar, expresarse e compartir as súas vivenzas, experiencias ou preocupacións nun espazo seguro onde se senten apoiados, comprendidos e respectados.

Neste novo día, onde xa comeza a arrefrescar cando o sol se esconde, realizamos as actividades que nos faltaban de TIRO CON ARCO,CIRCO R1 e BODY COMBAT e comezamos con tres novas rotacións ao longo da mañá e da tarde: ARTE NATURA, CIRCO R2 e TEATRO R2.

En CIRCO R2, vendo a boa acollida que tivo o obradoiro de malabares, continuamos por esa línea practicando con novos elementos: aros, panos, zancos, diábolos, cariocas, disco chino, mazas. E ademais puxemos a proba o noso equilibrio en dous Slacklines, un de eles colocado a pequena distancia do chan para intentar atravesalo como si foramos funambulistas, e outro máis longo e ancho onde nos sentados e intentamos dar pequenos saltos se caer como iniciación e achegamento a este deporte tan emocionante.






En TEATRO R2 adentrámonos de cheo no mundo da improvisación, introducindo xogos e dinámicas máis complexas con un resultado sorprendentemente positivo.



Por último, en ARTE NATURA, deixamos voar a aquela artista que levamos dentro e fusionamos a nosa creatividade e bon facer co natureza desta contorna na que estamos a pasar os dez díaz. Realizamos os nosos propios móbiles, atrapasoños e demáis adornos decorativos empregando exclusivamente elementos naturais, corda e pintura.




Pola noite, aconteceu o ASALTO EN CANDILEXAS, o alcade de Candilexas e o seu secretario, o incompetente e desorganizado Paulino, acudeiron ao campamento para informarnos de que acaban de recicbir unha subvención da Consellería de Cultura para axudar a remontar o esplendor  dos circos da cidade de Candilexas. No entanto Paulino, que é moi rácano quería parte dos cartos para él e decidiu organizar unha batalla campal, ao final como todos o fixeron tan ben, Paulino apiadase de eles e decide repartir os cartos entre tódolos circos para que Candilexas volva ser unha cidade próspera e colaborativa.

 

NOTA: XA ESTÁN SUBIDAS AO DRIVE AS FOTOGRAFÍAS DO DÍA 5 DE CAMPAMENTO (30/09/20). PRÓXIMAMENTE PUBLICARASE O BLOG E FOTOS DO DÍA DE ONTE.

Comentarios

  1. Sois lo MAS !! está experiencia nunca la van a olvidar. Gracias por vuestro fabuloso trabajo.!!!

    ResponderEliminar
  2. Vamos a poner una queja ante la Xunta. Tanta diversión y buen rollo debe ser perjudicial para la salud!!!.jajajajaja.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!