Publicacións

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

Imaxe
 #DÍA40DE40 #FINDACAMPAÑADEVERÁN Con esta última e inesquecible quenda damos por finalizada a Campaña de Verán. Levamos a nosa mochila cargada de sorisos, recordos e ilusións que pouco a pouco foron metendo tódalas persoas que este ano pasaron por Candilexas. O verán comezaba con unha morea de dúbidas e medos pero o bo facer, as ganas e a responsabilidade fixeron que todo marchara a diante e que remataramos con éxito as catro quendas. Gustaríamos que por unha vez aínda que fora, puidésedes ser nós, que puidésedes experimentar todo o que está a acontecer agora mesmo no noso interior, e é que temos o traballo máis fermoso do mundo. Traballar man a man coa rapazada, convivir, experimentar, compartir, desfrutar, TODXS A UNHA por un fin común: pasar 10 días que queden gardados para sempre no noso recordo. Gracias de todo corazón, gracias ás familias/titores por confiar, pero sobre todo, gracias á rapazada, en especial aos 33 rapaces e rapazas de esta última quenda, por demostrar u...

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!

Imaxe
  #DÍA8DE10 #QUENDA4 O mércores 2 de setembro foi toda unha aventura, pola mañá, despois do almorzo e o ACTÍVATE adentrámonos de cheo no READY PLAYER ONE , un gran xogo baseado na película de ciencia ficción de Spielberg que recibe este mesmo nome. A historia comeza en 2045, co xove Wade Owen Watts, un xogador de videoxogos que prefire a realidade virtual antes que o mundo real. O Máster Gamer , Wade Owen, creou un mundo de realidade virtual idéntico a Candilexas e escondeu aquí tres ovos dourados que de atopalos otorgaríanlle a Jimmy e Timmy, dúas persoaxes de baixo rango, unhas skins pro e non as de segunda man que levan agora. A nosa misión era axudar a estes dous visitantes. Xs acampadxs deberon atopar e resolver os “easter eggs” (minixogos ocultos dentro do gran xogo). Cando atoparon un deberon memorizalo e ir a outra zona onde unha persoaxe do xogo realizoulles unha proba. Unha vez superada puideron seguir na procura de eses fantásticos ...

BENVIDO, SETEMBRO COLORIDO!

Imaxe
  #DÍA7DE10 #QUENDA4 En países como India realizan unha gran festa Holi, ou festa dos colores para dar a benvida á primavera, pois nós, en Candilexas fixémola para darlle a benvida a este novo mes. Pero iso non foi todo o que fixemos ese 1 de setembro, queredes descubrir as nosas peripecias? Pois continúa lendo… O martes 1 de setembro de 2020 rematamos coas actividades rotativas do campamento: ACROSPORT, MAXIA e PERCUSIÓN .   Fixeron diferentes figuras de acrosport, complexas composicións aptas sólo para “candilexianos”, en maxia viviron un espectáculo cómico da man de dous dos nosos monitores especialistas que nos deixaron coa boca aberta cos seus trucos pero por sorte contáronnos algún dos seus segredos e puidemos aprender moitos de eles. Finalmente tivemos percusión, a mellor actividade para canalizar a nosa enerxía reventando cubos coas baquetas e facendo resoar a nosa música en toda a campa. Cantamos, aprendemos a tocar os ritmos e controlar os tempos e sobre todo, sa...

O ESCAPE ROOM "UNIVERSO PARALELO" CHEGA A CANDILEXAS

Imaxe
  IMPORTANTE:  LEMBRADE CHAMAR AO MÓBIL DO CAMPAMENTO FORA DO HORARIO DE CHAMADAS ESTIPULADO PARA  CONCRETAR HORA DE RECOLLIDA  (722 452 268) OU ESCRIBIDE UN CORREO A candilexas2020@gmail.com CO NOME DX ACAMPADX E HORA DESEXADA ENTRE AS 16:00 E AS 18:00 E ESPERADE CONFIRMACIÓN. LEMBRADE TAMÉN QUE SOAMENTE PODERÁ RECOLLER Á PERSOA ACAMPADA AQUELA QUE FIXERA A INSCRIPCIÓN NO CAMPAMENTO, DE NON SER ASÍ PRECISARASE AUTORIZACIÓN E FOTOCOPIA DO DNI DA PERSOA AUTORIZADA.  TEDES ADEMÁIS QUE TRAER TODXS A FOLLA CUBERTA DE "ABANDONO DA ACTIVIDADE" QUE SE REPARTÍU O DÍA DA RECEPCIÓN, CONFORME O RAPAZ OU RAPAZA ABANDONA A ACTIVIDADE TRAS TER FINALIZADO O CAMPAMENTO. GRACIAS.   #DÍA6DE10 #QUENDA4 Bos días aventureirxs! Antes de comezar a contarvos como foi o noso día de onte queriamos agradecer de todo corazón os vosos comentarios e palabras. Son unha inxección de enerxía para todo o equipo saber que estades contentxs de vernos desfrutar. Nos facémolo encantad...

ROZANDO O CEO COA PUNTA DOS DEDOS

Imaxe
  #DÍA5DE10 #QUENDA4 O día 30 chegamos ao ecuador do campamento, case coincidindo co fin do mes de agosto. As relacións entre acampadxs xa se atopan nunha fase de cohesión e confianza, en gran parte forxada grazas ás asambleas que se están a realizar tódolos días durante media hora aproximadamente onde tratamos temas que resultan do seu interese ou que axudan a reforzar a confianza en sí mesmos como aprender a fomentar a autoestima e o autoconcepto positivo. Estas asambleas facilitan a creación dun clima de confianza no grupo que fai que sexan capaces de falar, expresarse e compartir as súas vivenzas, experiencias ou preocupacións nun espazo seguro onde se senten apoiados, comprendidos e respectados. Neste novo día, onde xa comeza a arrefrescar cando o sol se esconde, realizamos as actividades que nos faltaban de TIRO CON ARCO,CIRCO R1 e BODY COMBAT e comezamos con tres novas rotacións ao longo da mañá e da tarde: ARTE NATURA, CIRCO R2 e TEATRO R2. En CIRCO R2 , vendo a boa...

ESTRELAS INTERNACIONAIS VISITAN CANDILEXAS!

Imaxe
  IMPORTANTE: MAÑÁ , LUNS 31 DE AGOSTO DE 2020, REALIZAREMOS A EXCURSIÓN Á PRAIA E PARQUE MULTIAVENTURA DO RÍO COROÑO , A SAÍDA SERÁ EN GRUPOS PEQUENOS E DE XEITO ESCALONADO . NON HABERÁ MÓBILES NIN CHAMADAS . DESCULPADE AS MOLESTIAS.   #DÍA4DE10 #QUENDA4 Onte, 29 de agosto de 2020, continuamos coas rotacións características do noso campamento, nesta ocasión iniciámonos no CIRCO a través dun obradoiro de creación de pelotas de malabares con arroz e globos, despois practicamos a nosa coordinación ata case ser profesionais niso de botar pelotas ao aire e recollelas. En BODY COMBAT , coa música ben alta ao igual que a nosa motivación aprendemos os movementos básicos de este deporte que combina artes marciais cunha base musical. Pasamos parte da mañá a dar patadas e puños ao aire ao ritmo da música, acabamos esgotados pero super en forma! Por outra banda, probamos a nosa puntería na rotación de TIRO CON ARCO, parecíamos Katness Everdeen nos “Juegos del hambre” ou o me...

MAR, AREA, XEADOS E MOITAS RISAS!

Imaxe
#DÍA3DE10 #QUENDA4 Onte, Venres 29 de agosto de 2020, aproveitando que o Sol saíu en Candilexas timidamente entre algunha que outra nube, realizamos a EXCURSIÓN Á PRAIA DE BARRAÑA . Erguémonos con ilusión e preparamos as nosas mochilas, bañador, crema, roupa de abrigo por si as nubes nos amolaban o día, enfundamos o chaleco reflectante, a pucha, gardamos os diñeiros nos bolsillos e comezamos a nosa andaina, por grupos de ACRÓBATAS, MALABARISTAS E ILUSIONISTAS, co fin de evitar aglomeracións. Xa na praia, delimitamos os espazos coa axuda de conos e colocamos as nosas toallas a 1’5 metros de separación no momento das comidas. Os rapaces e rapazas, moi responsables, evitaron en todo momento o contacto con persoas alleas ao campa e extremaron as medidas de desinfección de mans. Mantivemos, segundo marca a normativa, a máscara posta en todo momento agás no baño e durante as comidas e puidemos desfrutar igual, ao 100%, dun día xenial entre amigxs. Tomamos froita a media mañá para rep...