A FESTA TODA EN CANDILEXAS XA CHEGOU!
DÍA 8 DE CAMPAMENTO. Todo ten un final, é o do campamento de Candilexas nesta primeira quenda está chegando ao seu.
Os rapaces e rapazas corean
en cada esquina a canción do campamento e os sentimentos están a flor de pel,
xa comezan a asomar as primeiras vágoas ao cantar a nosa canción:
Onte, 22 de xullo de 2020 rematamos o ciclo de
rotacións e tan so quedan pendentes actividades onde poñer en práctica todo o
aprendido nestes 10 días. Pola tarde, preparámonos para participar no “Ti si
que vales” de Candilexas, un show televisivo no que demostrar todo o noso
talento, que non é pouco. Temos actuacións de todo tipo, musicais, de maxia,
teatrais, de habilidades ximnásticas... e pasamos a tarde ensaiando para hoxe
facer a gran actuación ante o público.
Pola noite, o noso monitor, Juanjo, foi secuestrado e arrastrado a un universo paralelo onde cada minuto na vida real equivalen a dez anos nese universo. Xs acampadxs deberon resolver unha serie de pistas e probas propias dunha ESCAPE ROOM OUTDOOR para conseguir atopar a chave que abra a porta a esa dimensión e os ingredientes necesarios para a cura... pero a conta atrás deu comezo... conseguiríano?
LEMBRAMOS A
TÓDOLAS MAMÁS/PAPÁS/TITORXS QUE A HORA DA RECOLLIDA É DE 16:00 A 20:00 DO DÍA
DE MAÑÁ (VENRES 24 DE XULLO DE 2020). ROGAMOS CHAMEN AO TELÉFONO MÓBIL QUE APARECE
NAS CARTAS INFORMATIVAS PARA CONCERTAR UNHA CITA E EVITAR AGLOMERACIÓNS.
LEMBREN TAMÉN TRAER CUBERTA A FOLLA DE ABANDONO DA ACTIVIDADE PARA AXILIZAR O
PROCESO.
O BLOG,
FOTOGRAFÍAS, VIDEO FINAL DO CAMPAMENTO E O LIPDUB DE HOXE SUBIRÉMOLO ENTRE MAÑÁ
E O SÁBADO.
GRACIAS
E ATA MAÑÁ
Muchas gracias por toda la información que dais, fotos, videos... Enhorabuena por vuestro trabajo, una experiencia inolvidable.
ResponderEliminar