A FESTA TODA EN CANDILEXAS XA CHEGOU!

DÍA 8 DE CAMPAMENTO.  Todo ten un final, é o do campamento de Candilexas nesta primeira quenda está chegando ao seu. 


Os rapaces e rapazas corean en cada esquina a canción do campamento e os sentimentos están a flor de pel, xa comezan a asomar as primeiras vágoas ao cantar a nosa canción:


Onte, 22 de xullo de 2020 rematamos o ciclo de rotacións e tan so quedan pendentes actividades onde poñer en práctica todo o aprendido nestes 10 días. Pola tarde, preparámonos para participar no “Ti si que vales” de Candilexas, un show televisivo no que demostrar todo o noso talento, que non é pouco. Temos actuacións de todo tipo, musicais, de maxia, teatrais, de habilidades ximnásticas... e pasamos a tarde ensaiando para hoxe facer a gran actuación ante o público.




Pola noite, o noso monitor, Juanjo, foi secuestrado e arrastrado a un universo paralelo onde cada minuto na vida real equivalen a dez anos nese universo. Xs acampadxs deberon resolver unha serie de pistas e probas propias dunha ESCAPE ROOM OUTDOOR para conseguir atopar a chave que abra a porta a esa dimensión e os ingredientes necesarios para a cura... pero a conta atrás deu comezo... conseguiríano?

 

LEMBRAMOS A TÓDOLAS MAMÁS/PAPÁS/TITORXS QUE A HORA DA RECOLLIDA É DE 16:00 A 20:00 DO DÍA DE MAÑÁ (VENRES 24 DE XULLO DE 2020). ROGAMOS CHAMEN AO TELÉFONO MÓBIL QUE APARECE NAS CARTAS INFORMATIVAS PARA CONCERTAR UNHA CITA E EVITAR AGLOMERACIÓNS. LEMBREN TAMÉN TRAER CUBERTA A FOLLA DE ABANDONO DA ACTIVIDADE PARA AXILIZAR O PROCESO.

 

O BLOG, FOTOGRAFÍAS, VIDEO FINAL DO CAMPAMENTO E O LIPDUB DE HOXE SUBIRÉMOLO ENTRE MAÑÁ E O SÁBADO.

GRACIAS E ATA MAÑÁ



Comentarios

  1. Muchas gracias por toda la información que dais, fotos, videos... Enhorabuena por vuestro trabajo, una experiencia inolvidable.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

CAMPAMENTO DE MAXIA E FEITICERÍA CANDILEXAS!

ATA Á PRÓXIMA CAMPISTAS!

CANTO TALENTO HAI EN CANDILEXAS!