DESPERTAR EN CANDILEXAS

#DÍA2DE10 #QUENDA2 Onte, 30 de xulio de 2020, foi o noso primeiro día completo no campa. O sol saíu tímidamente en Candilexas, dando unha tregua aos calurosos días aos que estabamos acostumados. As 8:30 da mañá comezou a resoar a música na campa e os primeiros acampadxs asomaron as cabezas entre as tendas dispostxs a comezar o día a tope de enerxía. Almorzamos como campións/as (leite, zumo, tostas con marmelada, magdalenas e ata bolos recheos de cacao). Cando xa tiñamos as pilas cargadas ao 200% reunímonos nas pistas polideportivas para realizar o ACTÍVA-T , unha dinámica diaria de exercicio físico a través de bailes e coreografías dinámicas que nos serve para, como di o nome, activarnos pola mañá ben cedo e poder así afrontar o resto do día. Comezamos coas actividades rotativas, desfrutando desta primeira rotación de TEATRO, CARACTERIZACIÓN, LÁSER TAG, CIRCO e TIRO CON ARCO. En TEATRO fixemos unha achega ao mundo da improvisación e dramatización, realizando pequenos e sinxel...