ESTRELAS INTERNACIONAIS VISITAN CANDILEXAS!
IMPORTANTE: MAÑÁ , LUNS 31 DE AGOSTO DE 2020, REALIZAREMOS A EXCURSIÓN Á PRAIA E PARQUE MULTIAVENTURA DO RÍO COROÑO , A SAÍDA SERÁ EN GRUPOS PEQUENOS E DE XEITO ESCALONADO . NON HABERÁ MÓBILES NIN CHAMADAS . DESCULPADE AS MOLESTIAS. #DÍA4DE10 #QUENDA4 Onte, 29 de agosto de 2020, continuamos coas rotacións características do noso campamento, nesta ocasión iniciámonos no CIRCO a través dun obradoiro de creación de pelotas de malabares con arroz e globos, despois practicamos a nosa coordinación ata case ser profesionais niso de botar pelotas ao aire e recollelas. En BODY COMBAT , coa música ben alta ao igual que a nosa motivación aprendemos os movementos básicos de este deporte que combina artes marciais cunha base musical. Pasamos parte da mañá a dar patadas e puños ao aire ao ritmo da música, acabamos esgotados pero super en forma! Por outra banda, probamos a nosa puntería na rotación de TIRO CON ARCO, parecíamos Katness Everdeen nos “Juegos del hambre” ou o me...